jueves, febrero 15, 2007

O Proxecto Castrenor

A Xunta de Galicia edita unha guia dos castros da Galiza e o norte de Portugal en:
 
http://media.culturaedeporte.org/cultura/PATRIMONIO/castrenor.pdf

Trátase do Proxecto Castrenor, cuyos obxetivos son:

– Crear unha rede temática, no ámbito da Cultura Castrexa, que contribuíse ó coñecemento e divulgación das raíces
históricas dun territorio histórico común.
– Potenciar e revalorizar o patrimonio arqueolóxico a través dunha programación de carácter transfronteirizo, garantíndose
deste xeito a realización dun produto con calidade e con capacidade de atracción turística.
– Organizar accións de potenciación turística e cultural como factor de atracción de visitantes.
– Contribuír á creación de espazos turísticos e culturais máis amplos (Norte de Portugal/Galicia), que posibiliten
novas fórmulas de desenvolvemento en rexións pouco favorecidas economicamente.

Como son unha gran aficcionada as excursiones culturais, esta primavera, se o tempo acompaña, penso visitar algún deles e os mantendrei informados. Polo de agora e por lo que vexo, teño xa visitados os siguentes:

* Castro de Santa Tegra (A Garda, Pontevedra), penso que como a maoioria dos galegos.
* Castro de Baroña (Porto do Son, A Coruña).
* Castro de Viladonga (Lugo)
* Castro de San Cibrao de Las (Ourense)
* Citania de Briteiros (Braga, Portugal)

Non visitables: Castro de San Antonio de Penalba (Campolameiro), o Concello decidiou gastarse o diñeiro en unhas barbacoas cubertas... ¡Unha pena, porque está nun entorno único!....  Maís información, na miña antigua bitacora.

¡5 de 45, creo que vou ter unha primavera divertida!

1 comentario:

Antero Leite dijo...



Muito agradecerei se me indicarem o link para acesso a Castrenor.

Antero Leite
acer.geral@acer-pt.org